Ser consciente: unha actitude mental

Meditar é deterse.

Tirado do libro de Christophe André. Meditar día a día. 25 lecciones para vivir con mindfulness. Barcelona: Kairós, 2012, pp. 14-15.

“MEDITO DIVINAMENTE E SORRÍO A SERES QUE NON CREEI”

Guillaume Apollinaire

Deixar de facer, de remover, de axitarse. Afastarse un pouco, retraerse do mundo.

image

Filósofo en meditación. Harmensz Van Rijn Rembrandt (1606-1669). Museo do Louvre, París. 1632.

Ao principio, os sentimentos resultantes son un pouco extranos: nótase un baleiro, (de ación, de distración) e plenitude (rebumbio dos pensamentos e sensacións dos que se fai unha consciente de xeito abrupto). Está o que nos falta: as nosas referencias e cousas para facer. Pero, nun instante entra a calma que procede desa carencia. As cousas non suceden no “exterior”, onde a nosa mente está sempre enliada nalgún obxecto ou proxecto: actuar, reflexionar sobre un tema concreto, permitir que unha ditración robe a nosa atención.

Fai falta un tempo para se acostumar a esta aparente inación da experiencia meditativa, para ver con algo máis de claridade. Como sucede no cadro. Como cando se pasa da luz á oscuridade. Entramos en nós mesmos, certamente. Estaba moi cerca de nós pero nunca nos achegabamos. Arrastrábamonos, sobre todo, fóra: nestes tempos de demandas desenfrenadas e de conexións enconadas, o noso vínculo con nós mesmos permanece abandonado. Introspecións abandonadas… As exterioridades son máis fáciles, e están máis sinalizadas. Mentres que a experiencia meditativa adoita ser un camiño sen sendeiros. No cuarto onde medita o filósofo hai menos luz e, polo tanto, precisa abrir máis os ollos. Tamén en nós mesmos: son menos as evidencias e as seguridades e, por iso, é necesario abrir máis os ollos á mente.

Imaxinabamos, esperabamos acadar calma, baleiro. Pero son moitas as veces que rematamos nun bazar, no medio do caos e do alboroto. Aspirabamos á claridade e atopamos a confusión. Ás veces, meditar conduce á angustia, o sufrimento, ao que nos fai sufrir e rexeitabamos pensando noutra cousa, axitándonos noutros horizontes.

Calmar a axitación

¡Qué sinxelo parecía visto desde fóra! Imaxinabamos que bastaría con sentarse e pechar os ollos. Pero non. Iso non é máis que o comezo, un comezo indispensábel, pero non basta. ¿Entón? Pois…, haberá que traballar, aprender a observar, a estar ahí, lixeiramente fóra do mundo, así, sentado, cos ollos pechados. Haberá que aprender a deixar que se despexe o tumulto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s