12 e 19 de decembro de 2014. Curso de Reiki I

666_0_letras_chinas_6

A Asociación Reiki Compostela celebrará os sábados 12 e 19 de decembro de 2014 un novo curso de Reiki I. O curso estabelécese en dúas xornadas e terá lugar nun  horario de nove e media a dúas cada unha delas.

O número de prazas é de dez. Para facer a reserva é preciso enviar un correo ao enderezo areikicompostela@gmail.com, onde se proporcionará toda a información. Unha vez feita a prerreserva darase un prazo de quince días para abonar a cuota de inscrición que é de 60 euros. Os/as socios/as da Asociación Reiki Compostela teñen un 20 por cen de desconto. Haberá un corenta por cen de desconto para persoas con discapacidade, familias numerosas ou persoas en situación de desemprego. Nestes casos é necesario enviar un xustificante que acredite as circunstancias sinaladas. Lembremos que os ingresos dos cursos están destinados a fins sociais, tal e como consta nos estatutos da Asociación.

Trascorrido o prazo do pago da matrícula, e de non ter feito o ingreso, asignarase a praza a outra persoa que estea en lista de agarda.