Novo curso de Reiki I. 18 de outubro de 2014

pegatina_de_la_mandala_de_la_mariposa_de_la_turque-r4592eb1e82a24b308bb9bf13a0bbe68c_v9wth_8byvr_512

A Asociación Reiki Compostela celebrará o día 18 de outubro un novo curso de Reiki, nivel I no salón de actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. O curso será impartido polo mestre José Calabria Díaz, Vicepresidente da Asociación Reiki Compostela.

HORARIO: DE 9.30 A 13.30 E DE 16.00 A 19.00
PREZOS: O curso ten un prezo de 60 euros.
DESCONTOS: A Asociación aplica un 20 por cen de desconto nos cursos para os seus socios e socias. Ademais fará efectivo un 40 por cen de desconto para aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego, familias numerosas ou persoas con discapacidade, previa xustificación.

Número de prazas: 14

Inscrición: Enviando un correo a areikicompostela@gmail.com

A praza reservarase durante un prazo de catro días e será confirmada de maneira definitiva unha vez que conste a transferencia da matrícula.
Toda a información trasladarase por correo electrónico.

Advertisements

One comment

  1. Deseo hacer el curso de reiki I pero quiero informacion de si se imparte en castellano

Os comentarios están pechados.