Obradoiro cos nenos e nenas de ASPAMITE. 6 DE XUÑO DE 2014

Grupo Aspamite(1)O venres 6 de xuño celebramos no tatami da USC un encontro cos nenos e nenas de ASPAMITE (Asociación de pais de persoas con discapacidade de Teo). O obradoiro estivo impartido polo profesor da Fundación USC deportiva, e Secretario da Asociación Reiki Compostela, Amancio Rial Bouza. Rial Bouza é especialista en Tai chi, Chi kung, Kung Fu e Meditación e leva anos ofrecendo a súa docencia na USC. A Universidade de Santiago cedeu o seu espazo do Campus Vida para esta actividade de “voluntariado” da Asociación Reiki Compostela.

Os 25 asistentes, co apoio e cariño das súas seis monitoras, compartiron unha hora e media de psicomotricididade, meditación e danzaterapia, ensinándonos a todos os asistentes a forza,  enerxía e apaixonamento que teñe este grupo para afrontar os traballiños que se lles propuxo.

¡Grazas a ASPAMITE,  e a Rosa González Blanco, por deixarnos compartir unha tarde con vós, ás monitoras, aos nenos e nenas (José, Juan, Reyes, Laura, Mary, José Manuel, Martita, Manuel, Ana, Tomás, Cristina, Pilar, Alberto, Samuel…) e a USC polo seu compromiso cívico e social!.

 

Mª. T. Vilariño Picos. Presidenta Asociación Reiki Compostela, en nome de todos os membros da Asociación.