I obradoiro de defensa persoal contra a violencia de xénero


NoViolenciaGenero1

O Sábado, 7 de xuño celebrarase no salón de actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso o I Obradoiro de defensa persoal contra a violencia de xénero. O seu horario é de 10.00 a 11.30 da mañá e estará impartido polo mestre de TaeKwondo José Calabria Díaz.

Esta actividade ten un carácter gratuito. Pode inscribirse enviando un correo electrónico a areikicompostela@gmail.com

Advertisements