O plantador de dátiles (conto sefardí)

A través de Teresa Grau.
tamarasUn ancián traballaba a terra moi duramente ao costado dunhas palmeiras no deserto.
Que fas? – pregúntalle un mercader que se detén no camiño.
Semento – responde o ancián
-Que sementas? –
-Dátiles –
-Dátiles!  Estás tolo. Cantos anos tes? – pregúntalle burlonamente o mercader.
-Non sei. Talvez setenta ou oitenta… que importancia ten? – cuestiona o ancián.
-Pero,  meu amigo, as palmeiras datileiras tardan décadas en medrar e, máis aínda, en dar froitos. Para entón, tí xa non estarás neste mundo.
-Mira, amigo – respóndelle o ancián – Eu comín os dátiles que outro sementou, outro que tampouco soñou en poder disfrutalos. Eu semento hoxe para que outros poidan comer o día de mañá, e, aínda que só sexa en honor daquel descoñecido, paga a pena que eu remate coa miña tarefa.
-Déchesme unha lección, nobre ancián. Recompensareite cunha bolsa de moedas polo ensino que hoxe me regalaches.
Xa ves – di o ancián – non rematei de sementar que xa obtiven unha bolsa de moedas e a gratitude dun amigo.

Esta é a segunda lección que me dás, talvez máis importante que a primeira – seguiu dicindo o mercader – Déixame que te pague con outra bolsa de moedas.

Ben – dí o ancián – ás veces pasa isto: un sementa sen pensar en obter e antes de rematar xa obtivo, non unha, senón dúas veces.

-Abonda xa, vello, non sigas falando. Se segues ensinándome cousas, temo que non me alcance toda a miña fortuna para pagarche.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s