Os dous lobos dentro de un. Conto cherokee

Hoxe enviounos este conto a narradora Teresa Grau López. Agradecemos o seu correo e a súa posta en contacto con nós.

Dois Lobos cherokee face close up dupla

Unha mañá un vello Cherokee contoulle ao seu neto acerca dunha batalla que acontece no interior das persoas e díxolle:
“Fillo meu, a batalla é entre dous lobos dentro de todos nós”.
“Un é Malvado – É ira, envexa, celos, tristura, pesar, avaricia, arrogancia, autocompaixón, culpa, resentimento, inferioridade, mentiras, falso orgullo, superioridade e ego.. ”

O outro é Bo – É alegría, paz amor, esperanza, serenidade, humildade, bondade, benevolencia, empatía, xenerosidade, verdade, compaixón e fe. ”

O neto meditouno por un minuto e logo preguntou ao seu avó:

” Avó e que lobo gaña? ”

O vello Cherokee respondeulle mirándoo con ollos sabios e compasivos:
“Aquel ao que ti alimentes. “

Advertisements