O I curso monográfico de Tai Chi para a saúde concluíu cun grande éxito entre os asistentes

O pasado sábado 15 de marzo celebrouse o I Curso Monográfico de Tai Chi, que foi impartido por Amancio Rial nas instalacións do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. As persoas que seguiron o curso salientaron na súa avaliación a capacidade docente de Amancio Rial.

 

tai chi saúde

O curso monográfico, de oito horas de duración, permitiu aos asistentes achegarse a algunhas das técnicas de respiración, meditación e relaxación, así como  ás diferentes visións que certas disciplinas orientais –como o Chui Kung ou Tai Chi– teñen sobre  o corpo e a mente.

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva mais de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC Deportiva. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

http://fundacionuscdeportiva.org/index.php?id=66&tx_ttnews[tt_news]=827&cHash=ae6b4c494e71a146141b1bf4905922eb

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s