
A Fundación USC Deportiva, en colaboración coa spinn-off Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica organizan un Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde. Constará de 12 sesións de unha hora cunha frecuencia semanal. O seu prezo é de 150 euros.
Introdución
A Fundación USC Deportiva, en colaboración coa spinn-off Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica organizan un Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde.
Esta actividade enmárcase dentro dun proceso de colaboración que iniciaron as dúas entidades e continúa coa liña formativa que está a desenvolver a Fundación dende principios do ano 2013.
Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica é unha empresa participada pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicada a prestar servizos integrais no ámbito do benestar e a saúde mental baseados en resultados derivados da investigación.
O Obradoiro desenvolverase en 12 sesións de unha hora cunha frecuencia semanal, nun grupo de entre 8 e 15 participantes.
Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico, axudando na recuperación de distintas doenzas.
Impartirán a actividade a Dra. Elisabet Hermida García, de Xuntos, e Amancio Rial Bouza, da Fundación USC Deportiva. A actividade está aberta a calquera persoa interesada na temática.
Datas
- 12, 19 e 26 de marzo de 2014
- 2, 9, 23 e 30 de abril de 2014
- 7, 14, 21 e 28 de maio de 2014
- 4 de xuño de 2014
Horario
- De 17:00 a 18:00 horas.
Lugar
Sala Multiusos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela).
Prezo
150 €
Docentes
Elisabet Hermida
Elisabet Hermida é Psicóloga en Xuntos, Atención Psicolóxica e Psiquiátrica. Doutora en Psicoloxía Clínica e Máster en Xerontoloxía, colabora coa Unidade de Trastornos Depresivos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu diversas accións divulgativas e formativas relacionadas co control do estrés, coas técnicas de relaxación e coa prevención de dificultades emocionais como a ansiedade e a depresión.
Amancio Rial
Amancio Rial leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asimesmo, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Na actualidade é tamén membro da Asociación Reiki Compostela.
Destinatarios
Esta actividade está dirixida a calquera persoa interesada no coñecemento destas técnicas e en profundar na temática que abordará o curso, así como na adquisición das ferramentas que proporciona para poñelas en práctica e aplicalas aos estados de estrés e ansiedade.
Programación
- Sesión 1: Presentación e técnicas de respiración
- Sesión 2: Relaxación muscular progresiva e relaxación por movementos pasivos
- Sesión 3: Meditación e Mindfulness (atención plena)
- Sesión 4: Manexo do tempo e adestramento autóxeno
- Sesión 5: Posicións para a práctica da meditación
- Sesión 6: Consciencia plena e o tempo libre
- Sesión 7: A meditación na tradición histórica e cultural I: Vispassana, os cinco principios. Vivir o momento: o Wabi Sabi
- Sesión 8: Visualización sensorial e o papel dos pensamentos ansióxenos
- Sesión 9: A meditación na tradición histórica e cultural II: A meditación dinámica
- Sesión 10: A visión dun mesmo como xeradora de ansiedade
- Sesión 11: Meditación, saúde e deporte
- Sesión 12: Escaneo corporal e avaliación do nivel de estrés actual
Número de prazas
O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 8. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.
Inscrición
Pode inscribirse calquera persoa maior de idade que o desexe interesada na temática. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.
O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o venres 7 de marzo non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.
A inscrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario on line e unha vez que se teña recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).
Forma de pagamento
Existen dúas formas de facer o pagamento:
- On line
- Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, por correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
- Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
- Novagalicia Banco: ES07 2080 0388 2730 4000 0932
- Correo electrónico: contacto@fundacionuscdeportiva.org
- Enderezo: Fundación USC Deportiva. Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela
Máis información
- Fundación USC Deportiva: 881.975.399 contacto@fundacionuscdeportiva.org
- Xuntos: 881.256.238- xuntos@xuntospsicologia.com
Renuncia á praza e devolución dos ingresos
As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.
Protección e seguridade dos datos
Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela
A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.