CURSO REIKI, NIVEL II

O día 8 de febreiro de 2014 celebrarase no Salón de Actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (USC), Campus Vida, o curso de Reiki, nivel II. O seu horario será de 9.00 a 13.30 e de 16.00 até final. É necesario ter feito o curso de Reiki I. Non é obrigatorio que ese curso de Reiki I fose realizado coa Asociación Reiki Compostela.67380651_1-Fotos-de-Cursos-de-Reiki-Usui-en-Toluca-en-sus-3-niveles-y-Maestria

O curso será impartido polo mestre federado, José Calabria Díaz, Vicepresidente da Asociación Reiki Compostela.

Prezo: 24 euros para socios, 40 euros non socios. Pódese formalizar a alta como socio o mesmo día do curso. Neste último caso, o prezo será de 44 euros (24 curso+20 cuota de socio/a). Esta cantidade aboarase o día 8 no Colexio Maior Rodríguez Cadarso.

Para máis información, contacte con areikicompostela@gmail.com